Hoxe arrinca en Carballo a 30ª campaña deportiva da AD.Fogar


 10 Setembro, 2018   Natación 

Hoxe arrinca en Carballo a 30ª campaña deportiva da AD.Fogar

A AD.Fogar arrinca hoxe na Picina Municipal Carballo Calero a súa trixésima tempada avalada por 325 socios e 375 deportistas que son os que conforman a día de hoxe esta entidade socio-deportiva sen ánimo de lucro fundada o 10 de outubro de 1988. Unha entidade dedicada á formación de base e a práctica competitiva da Natación e o Tríatlon en todas as súas modalidades e categorías, que esta tempada chega aos trinta anos de experiencia en Carballo e os vinte en Oleiros. O noso proxecto social e deportivo fundaméntase principalmente no esforzo alturista dunha directiva composta por 7 persoas, a profesionalidade de 8 técnicos titulados e por suposto a paixón e a entrega das xeracións e xeracións de deportistas que pasaron polo club ao longo de todos estes anos. E aínda que nos resulte imposible facer mención á totalidade dos logros conseguidos por todos eles, debemos polo menos deixar constancia do importante legado de medallas conseguidas en campionatos nacionais, rexionais e provinciais, das convocatorias internacionais de seleccións e dos bolseiros en centros de tecnificación e adestramento que serviron de inspiración e exemplo doutros moitos. Se queres formar parte do noso proxecto non o dubides, contacta connosco.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.