Infantís e benxamíns nadan esta fin de semana en Carballo


 14 Abril, 2021   Natación 

Infantís e benxamíns nadan esta fin de semana en Carballo

Os vindeiros 17 e 18 de abril de 2021 a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá a 3ª xornada das Ligas Galegas Infantil en horario de sábado á tarde (16:00 horas) e Benxamín en horario de domingo á mañá (9:00 horas). Ambas competicións levaránse a cabo sen a presenza de público e baixo estrictas medidas de seguridade, como o aforo restrinxido, a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado entre outras. Ademáis haberá 2 turnos diferenciados de quecemento e competición por xornada, 1 feminino e outro masculino e non se nadarán as tradicionáis probas de substitucións por equipos co obxectivo de evitar a aglomeración de nadadores-as que entrarán e sairán da instalación por clubs, baixo acreditación e de xeito graduado. Para esta terceira xornada aliñaremos un equipo infantil composto por 25 nadadores-as, das cales 17 pertencen á categoría feminina e os 8 restantes á masculina; e outro benxamín de 22 nadadores-as, dos cales 13 pertencen á categoría masculina e as outras 9 á feminina. Logo da 1ª xornada os da AD.Fogar imos 9º de 26 equipos na infantil e 10º de 24 equipos na benxamín. As convocatorias dos nosos, as listaxes de saídas e os protocolo anticovid para o sábado e o domingo estarán dispoñibles o longo da semana no apartado descargas natación desta mesma web, onde podedes atopar tamén as normativas destas Ligas Galegas de Natación Infantil e Benxamín para a presente tempada.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.