Intensa fin de semana para 49 d@s nadadores-as da AD.Fogar


 05 Novembro, 2021   Natación 

Intensa fin de semana para 49 d@s nadadores-as da AD.Fogar

Esta fin de semana preséntase intensa para os intereses d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros; no día de hoxe 3 dos nosos alevíns (Anxo Fuentefría, Jorge Souto e Oscar Alberte) acoden a unha das xornadas de tecnificación do Programa GES que a FEGAN desenvolverá en horario de tarde nas instalacións do C.G.T.D. de Pontevedra. Coa novidade da presenza de público en aforo restrinxido e debidamente acreditado, a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá mañán en horario de tarde (16:00 horas) a 1ª xornada da Liga Galega Benxamín, categoría na que a pasada tempada @s do Fogar fomos oitav@s dos 26 equipos que tomaron parte na mesma. Para esta 1ª rolda imos tomar parte con 22 nadadores e 4 nadadoras. E para rematar 20 d@s nos@s nadadore-as das categorías infantil, júnior e sénior competirán mañán á tarde na 1ª xornada preliminar da 2ª División da Liga Galega de Clubs que arrinca na Municipal de Mos. Todas as convocatorias, as listaxes de saídas e o protocolo anticovid da xornada benxamín do sábado están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.