Manuel Verdes bateu en Xixón a mellor marca absoluta dos 50 braza


 15 Novembro, 2019   Natación 

Manuel Verdes bateu en Xixón a mellor marca absoluta dos 50 braza

Manuel Verdes Collazo e o seu adestrador Héctor García Soto, voltaron onte de Xixón despois da disputa en terras astures do LXIII Campionato de España Absoluto de Natación de Inverno que se está a celebrar nas instalacións do CN.Santa Olaya en piscina curta. Manu tivo unha actuación máis que destacada na proba dos 50 metros braza acadando a 39ª praza dos 48 inscritos no seu debut nacional en categoría absoluta cun tempo de 30 segundo e 19 centésimas, a súa mellor marca persoal coa que batía tamén o seu propio récord absoluto do clube. Ainda así Manuel quedou coas ganas de acadar o seu obxectivo de baixar dos 30 segundos, polo que deberemos estar atentos ao seu concurso no Campionato Galego de Inverno que se disputará a fináis do mes de decembro en Pontevedra. Toda a información relativa ao LXIII Campionato de España Absoluto de Natación de Inverno de Xixón podedes atopala na seguinte ligazón https://rfen.es/es/section/web-natacion-invierno-p25-19-20 e no apartado de descargas natación de esta mesma web tedes tamén os resultados da proba dos 50 braza masculinos.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso