Manuel Verdes e Yoel Suárez no Nacional Absoluto de Palma


 25 Novembro, 2021   Natación 

Manuel Verdes e Yoel Suárez no Nacional Absoluto de Palma

Manuel Verdes e Yoel Suárez atópanse desde onte en Palma de Mallorca para tomar parte no LXV Campionato de España Absoluto de Natación de Inverno en piscina curta (25 metros) que se celebra nas instalacións municipais de Son Hugo desde hoxe día 25 e ata o vindeiro domingo día 28 de novembro. A máxima competición nacional conta neste ciclo invernal coa presenza de 138 clubs e 623 nadadores-as, 352 mozos e 271 mozas e celébrase a porta pechada sen a presenza de público. O nosos dous representantes que viaxan ás ordes de Héctor García, nadarán a proba dos 100 metros braza nas eliminatorias matinais da xornada do sábado día 27 de novembro cara ás 10:10 horas na terceira das series, Manuel pola rúa dous e Yoel pola seis. Toda a información relativa a este LXV Campionato de España Absoluto de Natación de Inverno de Palma en piscina curta podedes atopala na seguinte ligazón https://rfen.es/es/section/web-absoluto-invierno-p25-2021-2022

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.