Miguel Abelenda acode ao GES e ao Galego de Longa Distancia


 14 Decembro, 2018   Natación 

Miguel Abelenda acode ao GES e ao Galego de Longa Distancia

Hoxe preséntase no Centro Galego de Tencificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra o programa GES no que tomará parte Miguel Abelenda Pérez (2004), que ven de ser convocado por segundo ano consecutivo. Este Grupo Especial de Seguimento ten como obxectivos, o apoio na formación dos xóvenes nadadores para un futuro desenvolvemento competitivo, e tamén a actualización continua dos seus adestradores, aproveitando a estrutura do CGTD de Pontevedra para levar a cabo distintas sesións de adestramento ao longo da tempada. A sesión de hoxe que empeza as 17:30hs inclúe unha reunión inicial duns 30 minutos, cos deportistas, os seus pais e os seus técnicos, para informarlles do desenvolvemento da actividade. A continuación realizarán unha primeira sesión de adestramento de 18:00 a 19:30hs. Podedes consultar toda a información sobre o programa a través da ligazón https://www.fegan.org/post/2.

Ao remate da concentración Miki desprazarase ata Ponteareas para nadar mañá a XV Edición do Campionato Galego de Longa Distancia en Piscina que coincide coa fase territorial de carácter clasificatorio para o XVII Campionato de España da modalidade, proba que se disputará o 23 de febreiro de 2019. Miki tomará parte na categoría infantil nos 2.000 metros libres, distancia na que parte coa terceira mellor marca dos 22 nadadores inscritos. Todo o referente a este Campionato Galego de Longa Distancia en Piscina podedes consultalo na ligazón federativa https://www.fegan.org/post/1995​​​​​​

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso