Miguel Abelenda brillou no Nacional Infantil de Xixón


 15 Marzo, 2019   Natación 

Miguel Abelenda brillou no Nacional Infantil de Xixón

Miguel Abelenda Pérez e o seu adestrador Héctor García Soto, voltan hoxe de Xixón despois da disputa en terras astures do XXXIX Campionato de España de Natación Infantil de Inverno que se está a celebrar en piscina larga nas instalacións do CN. Santa Olaya. Miguel Abelenda tivo unha actuación máis que destacada na proba dos 1500 metros libres acadando a 18ª praza na categoría de 15 anos; proba na que establecía as mellores marcas do clube da súa idade ao paso polos 800, e tamén a dos 1500 metros libres. Ademáis na distancia dos 800 Miguel sumaba unha nova mínima de participación para os nacionáis de verán de Barcelona e xa van tres, as de 400, 800 e 1500 libres. Toda a información relativa ao XXXIX Campionato de España de Natación Infantil de Inverno de Xixón podedes atopala na seguinte ligazón https://rfen.es/es/section/inatacion-infantil-invierno e no apartado de descargas natación de esta mesma web tedes tamén os resultados da proba dos 1500 libres masculinos.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso