Miguel Abelenda e Rudy Palamedi na Etapa Final da Copa de España


 19 Setembro, 2019   Natación 

Miguel Abelenda e Rudy Palamedi na Etapa Final da Copa de España

Os nadadores da AD.Fogar, Miguel Abelenda da categoría infantil e Rudy Palamedi da máster, tomarán parte esta fin de semana na Etapa Final da Copa de España de Natación en Augas Abertas https://rfen.es/es/section/etapa-final a celebrar no Anillo, en Cáceres. Miki ven de ser convocado pola Federación Galega de Natación para formar co combinado Galego https://www.fegan.org/post/3051 que competirá  no Embalse Gabriel e Galán con 7 nadadores, 2 infantís, 3 júniors e 2 séniors. No que a Rudy respecta decir que chega a esta última etapa como lider desta Copa de España de Augas Abertas na categoría máster de 60 a 64 anos e polo tanto o domingo será o rival a bater. A pasada fin de semana remataba tamén o Circuito Galego de Augas Abertas con Cora Vinagre como subcampioa galega feminina da categoría máster 1, e con Elisa Pichel como 3ª clasificada da categoría máster 2, sumando entre as 2 os puntos necesarios para alzar ao Fogar ata a 3ª praza por equipos femininos máster https://www.fegan.org/post/2339

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.