Miguel Abelenda mellor nadador infantil do Trofeo Da Madalena


 06 Xaneiro, 2020   Natación 

Miguel Abelenda mellor nadador infantil do Trofeo Da Madalena

A derradeira sesión do XXXIV Trofeo Da Madalena disputada o pasado sábado deixóunos os triunfos da infantil Nana Suárez e o júnior Alejandro Méndez na proba dos 100 estilos, a 2ª praza infantil de Claudia Esmorís nos 50 costas, o 3º posto infantil de Daniel Pardo nos 100 braza, e as victorias dos infantis Miguel Abelenda nos 200 libres e Lucía Romanelli nos 200 bolboreta. o 3º posto júnior de Alejandro Méndez na mesma proba, o 3º posto infantil de Lucía Romanelli tamén nos 100 bolboreta, e o 2º posto infantil de Nana Suárez nos 100 libres. No que á clasificación conxunta por clubes se refire rematamos o torneo na 6ª praza con Miguel Abelenda como mellor nadador e Nana Suárez como 3ª mellor nadadora, ambos da categoría infantil, pola suma dos puntos Fina das 3 probas nadadas. Nana bateu ademáis as mellores marcas do club dos 50 e 100 libres (15 anos) e á absoluta dos 100 estilos. Os resultados do XXXIV Trofeo Da Madalena están dispoñibles no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.