Miguel Abelenda suma e segue, desta volta coa Selección Galega


 17 Febreiro, 2020   Natación 

Miguel Abelenda suma e segue, desta volta coa Selección Galega

O nadador da AD.Fogar de Carballo e Oleiros Miguel Ángel Abelenda Pérez (2004), vén de participar coa Selección Galega Infantil no VIII Campionato de España de Natación por Federacións Autonómicas que se disputaba a pasada fin de semana nas instalacións do CN. Metropole canario con 16 federacións e 390 nadadores e nadadoras en liza. O equipo galego infantil que tomou parte con 10 nadadores callou unha moi boa actuación acadando a 8ª praza masculina e a 4ª feminina, para ser finalmente 6º conxuntos por equipos. En canto ao concurso de Miguel dicir que foi coma sempre impecable; 16º na proba dos 1500 metros libres nadando en 17:22,77 a tan só 9 segundos do seu mellor rexistro, 15º nos 200 metros libres nadando a menos dun segundo da súa mellor marca persoal en 2:02,06 e 12º nos 400 metros libres, proba na que batía a súa mellor marca persoal establecendo un novo récord absoluto do clube en piscina larga cunha marca de 4:16,14. Miguel foi tamén 4º formando co equipo masculino dos 4x200 metros libres no que se superaba ao nadar en torno ao seu mellor rexistro en 2:01,37. En descargas natación desta mesma web poden consultarse os resultados do nadador da AD. Fogar de Carballo e Oleiros. Para ampliar a información referente a este Campionato de España de Natación por FF.AA. podédesvos dirixir á ligazón https://rfen.es/es/section/web-cto-espana-natacion-ffaa-2020

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.