Nana e Miki convocados pola Fegan para o GES 2019 - 2020


 31 Outubro, 2019   Natación 

Nana e Miki convocados pola Fegan para o GES 2019 - 2020

Nana Suárez (2005) e Miguel Abelenda (2004), xunto co seu adestrador Héctor García, veñen de ser convocados pola Federación Galega de Natación e por segundo ano consecutivo para o GES https://www.fegan.org/post/2; Grupo Especial de Seguimento que ten como obxectivo xeral o de apoiar a formación dos nadadores novos para un futuro desenvolvemento competitivo e tamén o de actualizar de maneira continuada os seus adestradores, aproveitando a estrutura do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) como base onde realizar sesións de adestramento comúns cos 32 mellores nadadores galegos. A posta en marcha será o vindeiro venres 8 de novembro ás 17:30 horas no CGTD de Pontevedra. Farase unha reunión inicial duns 20 minutos, cos deportistas, os seus pais e técnicos, para informarlles do desenvolvemento da actividade. A continuación realizarán unha primeira sesión de adestramento de 18:00 a 19:30 horas.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso