O Circuíto ADAN 6.0 comeza este sábado en Carballo


 28 Novembro, 2019   Natación 

O Circuíto ADAN 6.0 comeza este sábado en Carballo

O vindeiro sábado día 30 de novembro de 2019 desde as 15:30 hs e grazas a colaboración do Concello de Carballo e Carballo Deporte, a Piscina Municipal Carballo Calero, será a sede que acolla a 1ª Xornada do Circuíto da Asociación ADAN que celebra xa a súa sexta edición. Para a presente tempada 2019 - 2020 o circuíto, que voltará a contar por terceiro ano consecutivo co patrocinio da AD.Fogar, constará de 3 etapas, repartidas en dúas sedes, Carballo (30/11/2019) e A Coruña (18/01/2020 e 07/03/2019). O circuíto está reservado a nadadores e nadadoras das categorías júnior e sénior co obxecto de aumetar as opcións competitivas nestas categorías, aínda que a cada unha das xornadas poderán acudir como convidados 3 nadadores ou nadadoras infantís por club (máis información en https://circuito.asociacionadan.org/). Nesta primeira rolda que inclúe as probas dos 50 bolboreta, os 100 estilos, os 200 costas, braza e os 200, 800 e 1500 libres; contaremos co concurso de 18 nadadores e nadadoras de Carballo e Oleiros, dos que 4 pertencen á categoría feminina e outros 14 á masculina. Ademais dos nosos tomarán parte tamén nadadores do Club do Mar (15), CN.Arteixo (13), CN.Arzúa (1), CN.Cedeira (3), CN.Coruña (9), CN.Hercules (5), CN.Liceo (3), CN.Riveira (9) e USC Natación (6). Achéganse a esta nova tanto a convocatoria dos nosos nadadores como a lista de saídas do sábado.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.