O Club do Mar de San Amaro acolle a 2ª rolda da Liga Benxamín


 12 Decembro, 2018   Natación 

O Club do Mar de San Amaro acolle a 2ª rolda da Liga Benxamín

O vindeiro sábado día 15 de decembro de 2018 as instalación do Club do Mar de San Amaro, na Coruña, acollerán en horario de tarde a segunda xornada da Liga Galega Benxamín. A espera da publicación da clasificación provisional por parte da FEGAN tras a primeira xornada, os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros desprazaremos a esta segunda cita a un total de 25 nadadores e nadadoras de idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos; dos que 10 pertencen á categoría feminina e os 15 restantes á masculina. Nesta segunda rolda ligueira nadaránse as probas individuais dos 50 metros nos estilos costas e bolboreta e os 100 metros costas, ademais das remudas por equipos dos 4x50 metros libres masculino e feminino e 4x50 metros estilos mixtos; en confrontación directa cos equipos do ADT.Oleiros, CN.Arteixo, CN.Casino, CN.Coruña, Club do Mar, CN.Culleredo, CN.Hércules e CN.Liceo. Achéganse a esta noticia tanto a convocatoria de probas dos nosos, como a listaxe de saídas da xornada.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso