O Club do Mar de San Amaro acolle a 4ª rolda da Liga Benxamín


 15 Marzo, 2019   Natación 

O Club do Mar de San Amaro acolle a 4ª rolda da Liga Benxamín

Mañá sábado día 16 de marzo de 2019 as instalación do Club do Mar de San Amaro, na Coruña, acollerán en horario de tarde a cuarta xornada da Liga Galega Benxamín. Despois da terceira xornada, os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros ocupamos a 13ª praza conxunta dos 31 equipos que están a puntuar. Á cita coruñesa desprazaremonos cun total de 25 nadadores e nadadoras de idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos; dos que 10 pertencen á categoría feminina e os 15 restantes á masculina. Nesta cuarta rolda ligueira nadaránse as probas individuais dos 50 metros nos estilos costas-braza, braza-crol e libres e os 100 metros bolboreta, ademais das remudas por equipos dos 8x50 metros libres mixtos. Achegamos como arquivos adxuntos a esta mesma nova tanto a convocatoria de probas d@s nos@s nadadoras e nadadores, como a listaxe de saídas da sesión.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso