O Galego Júnior e Absoluto moviliza a 10 d@s nos@s nadadore-as


 15 Xullo, 2021   Natación 

O Galego Júnior e Absoluto moviliza a 10 d@s nos@s nadadore-as

Desde o venres día 16 e ata o domingo 18 de xullo de 2021, dez nadadores e nadadoras da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Campionato Galego Júnior e Absoluto de Verán que se disputa na Piscina Municipal Rosario Dueñas da localidade de Ourense. O torneo autonómico contará coa presenza de 21 equipos e o concurso de 265 nadadores e nadadoras, dos que 139 son homes e 126 son mulleres. En canto á nosa representación dicir que nesta ocasión confórmana 10 deportistas, Elena Haz, Lucía Romanelli e Nana Suárez en categoría feminina e Andrés Prieto, Carlos Iglesias, Christian Varela, Manuel Verdes, Miguel Abelenda, Pedro López e Simón Rey na masculina; entre os que nadarán un total de 31 probas a título individual e 8 substitucións por equipos nas categorías masculina e feminina. Dentro das medidas extraordinarias motivadas pola covid19 a totalidade da expedición cos técnicos Héctor García e Román Rey á fronte, realizarán un testado de antíxenos a cargo do clube previo ao seu desprazamento e estancia en Pontevedra. Ademáis os equipos femininos e masculinos non manterán contacto algún entre sí posto que as homes competirán nas tres primeiras sesións do torneo mentres que as mulleres farano nas tres últimas. Toda a información referente a este Campionato Galego de Natación Júnior e Absoluto de Verán podedes atopala na ligazón federativa https://www.fegan.org/mp/post/1884. Ademáis no apartado descargas natación desta mesma web tedes a nosa convocatoria co detalle das probas.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.