O noso equipo júnior proclamouse Campión Galego de Inverno


 22 Febreiro, 2022   Natación 

O noso equipo júnior proclamouse Campión Galego de Inverno

Os pasados 18, 19 e 20 de febreiro, vinte e dous nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Infantil e Júnior de Inverno desputado na Piscina Minicipal Rosario Dueñas en Ourense; localidade onde @s nos@s callaban unha máis que destacada actuación. No referente ás clasificacións por equipos, na categoría júnior fomos Campións e Campioas Galeg@s conxunt@s sumando tamén os Subcampionatos tanto masculino coma feminino; mentres que na categoría infantil rematamos décim@s conxunt@s, sétimos masculinos e décimo terceiras femininas. @s nos@s júniors acadaban ademais 17 medallas, 3 delas de ouro, outras 8 de prata e 6 de bronce e batían 10 récords do clube. Desta volta as medallas eran para, Yoel Suárez nos 50 braza (ouro) e os 100 libres (prata), Simón Rey nos 100 costas (prata) e os 100 e 200 bolboreta (bronce), Nana Suárez nos 100 libres (prata) e os 200 libres (bronce), Carla Jiménez nos 50 braza e os 50 libres (bronce), Santiago Avilés nos 1500 libres (prata), Miguel Abelenda nos 800 libres (prata), as substitucións masculinas dos 4x100 libres e estilos (ouro), as substitucións femininas dos 4x100 libres e estilos e a masculina dos 4x200 libres (prata), e a substitución feminina dos 4x200 libres (bronce). No que as mellores marcas do club se refire, Carla Jiménez (3) batía os récords de 16 anos nos 50 e 100 braza, e o absoluto nos 50 braza e Nana Suárez (3) batía as mellores marcas dos 17 anos nos 100 e 200 libres e os 100 costas. Ademais as substitucións masculinas e femininas dos 4x100 libres e estilos melloraban tamén os anteriores rexistros júniors do club. Os resultados d@s nadadoras e nadadores de Carballo e Oleiros poden consultarse no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.