O noso nadador Paulo Rivas lócese na localidade de Plymouth


 12 Outubro, 2023   Natación 

O noso nadador Paulo Rivas lócese na localidade de Plymouth

O noso nadador Paulo Rivas Torres de 15 anos que está a cursar o primeiro trimestre académico en Inglaterra; participou os pasados 7 e 8 de outubro no Memorial Lindsay Powell desputado no Plymouth Life Center en piscina de 25 metros e 10 carrís. A verdade é que ao noso estáselle dando moi ben o cambio de aires, medalla de prata nos 50 libres e medallas de bronce nos 100 e 200 libres e os 100 e 200 bolboreta, ademais na proba dos 50 bolboreta foi 4º, 5º nos 50 costas e 6º no 100 costas; única das probas por certo onde Paulo non melloraba o seu rexistro persoal. Por se todo isto fose pouco Paulo batía tamén as mellores marcas do clube dos 15 anos nas probas dos 50 e 100 libres e os 50, 100 e 200 bolboreta. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.