Os Alevíns acadan dúas medallas no Galego de Natación de Verán


 02 Xullo, 2021   Natación 

Os Alevíns acadan dúas medallas no Galego de Natación de Verán

Os pasados 26 e 27 de xuño de 2021 nove nadadores da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Alevín de Natación de Verán disputado na Piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur, en Pontevedra. Lugar onde @s nos@s nadadoras e nadadores callaban unha boa actuación acadando a 8ª praza masculina, a 16ª feminina e a 13ª conxunta por equipos. As dúas medallas do campionato foron para Oscar Alberte na categoría de 13 anos, prata nos 100 metros costas e bronce nos 100 metros libres; ademais dun cuarto posto nos 200 metros estilos. Así mesmo cabe destacar tamén as actuacións de Joel Barcia de 13 anos 4º nos 100 costas,  Paulo Rivas de 13 anos 5º nos 100 e 200 costas, Valeria Rodríguez de 12 anos 5ª nos 100 costas e Hugo Souto de 14 anos 6º nos 100 e 200 costas. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web. Neste mesmo escenario de Pontevedra disputase esta fin de semana o Campionato Galego de Natación Infantil de Verán coa presenza de 23 clubs e 206 nadadores-as, 123 rapazas e 83 rapaces. No que ao noso concurso respecta, tomaremos parte con 6 nadadoras en 15 probas individuais e as 3 substitucións por equipos, e con 2 nadadores en outras 8 probas individuais. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.