Os Alevíns da ADFogar nadan mañá na Municipal Carballo Calero


 21 Decembro, 2018   Natación 

Os Alevíns da ADFogar nadan mañá na Municipal Carballo Calero

Mañá, sábado día 22 de decembro de 2018 a Piscina Municipal Carballo Calero en Carballo será a sede que acolla desde as 15:30 hs a 2ª Xornada da Liga Galega Alevín; categoría na que os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros imos 13º dos 28 equipos que están a tomar parte na mesma. A categoría alevín congrega esta tempada ás nenas nadas nos anos 2006 e 2007 (12 e 13 anos) e os nenos nados en 2005 e 2006 (13 e 14 anos). Para esta segunda rolda aliñaremos un equipo de 28 nadadores e nadadoras, dos que 16 pertencen á categoría feminina e os 12 restantes á masculina. Entre os nosos obxectivos está o de loitar por meternos entre os 10 mellores equipos da táboa galega; e para iso nesta segunda xornada mediremos as nosas forzas cos equipos do CN.Arteixo, o Club do Mar, o CN.Coruña, o CN.Culleredo, o CN.Liceo, o CN.Casino, e o H.Termaria; nun programa de probas que inclúe os 200 e os 800 metros libres, os 100 metros bolboreta, costas e estilos e as remudas dos 4x100 metros libres nas categorías feminina e masculina. O sumario de participantes, a nosa convocatoria e a lista de saídas do sábado están dispoñibles no arquivo adxunto a esta mesma noticia. Ademais no apartado de descargas natación desta mesma web podedes atopar a normativa da liga alevín e clasificación da tempada pasada. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso