Os Benxamíns nadan a 1ª Xornada da Liga Galega en Riazor


 22 Novembro, 2018   Natación 

Os Benxamíns nadan a 1ª Xornada da Liga Galega en Riazor

O vindeiro sábado día 24 de novembro de 2018 a Piscina Municipal de Riazor, na Coruña, acollerá en horario de tarde a 1ª Xornada da Liga Galega Benxamín. Tras acadar a tempada pasada a 21ª praza dos 31 equipos que tomaron parte na liga galega da categoría, os da A. Fogar de Carballo e Oleiros desprazaremos a esta primeira cita a un total de 24 nadadores e nadadoras de idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos; dos que 10 pertencen á categoría feminina e os 14 restantes á masculina. Os nosos esperan mellorar posicións con respecto ao ano pasado e loitar así polas primeiras quince prazas. Nesta primeira rolda ligueira nadaránse as probas individuais dos 50 metros nos estilos libre e braza e os 100 metros libres, ademais das remudas por equipos dos 4x50 metros estilos masculino e feminino e 4x50 metros libres mixtos; en confrontación directa cos equipos do ADT.Oleiros, CN.Arteixo, CN.Casino, CN.Coruña, Club do Mar, CN.Culleredo, CN.Hércules, CN.Liceo e CN.Marina. Achéganse a esta noticia tanto a convocatoria de probas dos nosos, como a listaxe de saídas da xornada.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso