Os Infantís abren o calendario de competicións en Carballo


 24 Outubro, 2018   Natación 

Os Infantís abren o calendario de competicións en Carballo

O vindeiro sábado día 27 de Outubro de 2018 a Piscina Municipal Carballo Calero en Carballo, será a sede que acolla desde as 15:30 hs a 1ª Xornada da Liga Galega Infantil de Natación baixo a organización da Fegan e a AD.Fogar en colaboración co Concello de Carballo e Carballo Deporte. A categoría infantil reúne ás nenas nadas nos anos 2004 e 2005 (13 e 14 anos) e os nenos nados en 2003 e 2004 (14 e 15 anos). Os da AD. Fogar de Carballo e Oleiros que a pasada campaña fomos 11º de 26 clubes, debutaremos nesta nova campaña cun equipo formado por 7 nadadoras e 12 nadadores, englobados no Grupo C co CN.Arteixo, Club do Mar, CN.Coruña, CN.Liceo, CN.Santiago o Hércules Termaria e a ADT.Oleiros e co obxectivo de clasificarnos entre os 10 mellores. Na xornada do sábado nadaranse as probas individuais dos 50, 200 e 1500 libres, os 100 bolboreta, os 200 costas e braza e os 100 e 400 estilos, ademais das remudas femininas e masculinas dos 4x100 estilos. Os nosos nadarán un total de 38 probas individuais (13 en categoría feminina e 25 na masculina) e 4 remudas (1 feminina e 3 masculinas). A convocatoria dos nadadores de Carballo e Oleiros e a lista de saídas desta 1ª Xornada da Liga Galega Infantil de Natación atoparédelas adxuntas a esta mesma noticia.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso