Os nosos alevíns e infantís acreditaron 23 mínimas galegas


 10 Xaneiro, 2021   Natación 

Os nosos alevíns e infantís acreditaron 23 mínimas galegas

Onte, sábado día 9 de xaneiro de 2021, a Piscina Municipal Carballo Calero acollía a 1ª Toma de Tempos oficial da tempada para 29 nadadores-as das categorías alevín e infantil, na procura de marcas mínimas para os campionatos galegos de inverno. E a verdade é que @s nos@s da mán de Héctor García e Román Rey non desaproveitaron a ocasión sumando 23 rexistros, 13 para o campionato alevín e outros 10 para o infantil. Na categoría alevín Valeria Rodríguez acadou a mínima nos 100 libres, Joel Bracia e Ian Parga nos 100 costas e libres, Manuel Souto e Paulo Rivas nos 100 estilos e os 200 libres, Hugo Souto nos 100 e 200 libres e Oscar Alberte nos 100 estilos e os 400 libres. Na infantil acadaron os topes rexionáis Carla Castelo nos 50 libres, Lucia Romanelli nos 100 bolboreta, Sofía Alberte nos 100 costas, Lara González nos 50 e 200 libres, Clara Rey nos 100 bolboreta e nos 200 libres, Rubén Otero nos 100 costas e Xabier Guitián nos 100 bolboreta e estilos. Os resultados desta toma de tempos xa están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.