Os nosos nadadores despiden o ano con 3 medallas e 16 records


 01 Xaneiro, 2020   Natación 

Os nosos nadadores despiden o ano con 3 medallas e 16 records

Os pasados 28, 29 e 30 de decembro de 2019 doce nadadores da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Absoluto de Natación Open de Inverno que en sesións de mañá (eliminatorias) e tarde (finais) disputábase na Piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur, en Pontevedra. Alí os nosos despedían o ano cunha moi boa actuación tras clasificarse para nadar sete finais A na loita polas medallas, e outras nove finais B para dilucidar os postos do 9º ao 16º. As tres medallas do campionato foron para Iván Fernández (prata) e Manuel Verdes (bronce) nos 50 metros braza e para o equipo de substitucións dos 4x50 estilos masculinos que se facía co bronce da man de Manuel Verdes, Christian Varela, Iván Fernández e Adrián Haz. No que as mellores marcas do clube se refire Nana Suárez batía 3 absolutas (100 e 200 estilos e 800 libres) e 7 dos 14 anos (50, 100, 200 e 800 libres, 100 e 200 estilos e 100 costas), Miguel Abelenda 4 dos 15 anos (200, 400, 800 e 1500 libres), Iván Fernández 1 absoluta (50 braza) e Alejandro Méndez outra dos 17 anos (200 bolboreta). Por equipos fomos finalmente 7ª da clasificación masculina, 13ª da feminina e 13º da conxunta, entre os 27 equipos participantes no torneo. Os resultados dos nadadores de Carballo e Oleiros poden consultarse no apartado de descargas natación desta mesma web; ademais na ligazón federativa https://www.fegan.org/post/1748 podedes atopar os detalles pormenorizados do campionato.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.