Ouro e prata para a AD.Fogar no Galego de Augas Abertas


 19 Setembro, 2021   Natación 

Ouro e prata para a AD.Fogar no Galego de Augas Abertas

Onte sábado día 18 de setembro no Club Náutico de Castrelo do Miño e en xornadas de mañán e tarde, a Federación Galega de Natación pechaba o seu calendario de competicións da tempada 2020 - 2021 coa desputa do Campionato Galego de Augas Abertas. No mesmo tomaban parte 19 d@s nos@s nadadores-as, 6 da categoría alevín, 7 da infantil, 4 da júnior, e 2 da máster; que callaban unha actuación máis que destacada e que resumimos a continuación. Ouro e título de Campión Galego Máster +50 para Julio E. Martínez que lograba tamén o triunfo final no Circuito Galego Máster logo de gañar as 3 probas puntuables, Ponteareas, Boiro e Castrelo. Prata e título de Subcampión Galego Júnior-2 para David Sancho, que volvía con forza logo dunha longa lesión. Na categoría infantil Manuel Souto remataba 4º a un só chanzo do podio e Clara Rey era 16ª. Na alevín Paulo Rivas era 5º, Oscar Alberte 9º e Carla Mourelle 17ª e na júnior-1 Simón Rey 9º e Xabier Guitián 11º. Resultados que podedes atopar na seguinte ligazón:
https://ccnorte.com/resultados/v-campeonato-gallego-de-aguas-abiertas/master-2001-y-ant/1

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.