@s Benxamíns nadan a 1ª Xornada da Liga Galega en San Amaro


 29 Novembro, 2019   Natación 

@s Benxamíns nadan a 1ª Xornada da Liga Galega en San Amaro

Mañá sábado día 30 de novembro de 2019 a Piscina do Club do Mar de San Amaro, na Coruña, acollerá en horario de tarde a 1ª Xornada da Liga Galega Benxamín. Tras acadar a tempada pasada a 12ª praza dos 31 equipos que tomaron parte na liga galega da categoría; @s da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros desprazaremos a esta primeira cita a un total de 34 nadadores e nadadoras de idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos; das que 12 pertencen á categoría feminina e os 22 restantes á masculina. @s nosos esperan manter posicións con respecto ao ano pasado e loitar así polo tope 10 da categoría. Nesta primeira rolda ligueira nadaránse as probas individuais dos 50 metros nos estilos libre e costas e os 100 metros libres, ademais das substitucións por equipos dos 4x50 metros estilos masculino e feminino e os 4x50 metros libres mixtos; en confrontación directa cos equipos do CN.Arteixo, CN.Coruña, Club do Mar, CN.Culleredo, e CN.Liceo. Achéganse a esta nova tanto a convocatoria de probas d@s nos@s rapaces e rapazas, como a listaxe de saídas da xornada.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso