@s nos@s despiden o ano con 7 Medallas e 13 récords do club


 01 Xaneiro, 2022   Natación 

@s nos@s despiden o ano con 7 Medallas e 13 récords do club

Os pasados 28, 29 e 30 de decembro de 2021 dezaoito nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Absoluto de Natación de Inverno desputado nas instalacións do Club Fluvial de Lugo; onde @s nos@s callaban unha moi boa actuación. No referente á clasificación por equipos fomos 4º masculinos, 9ª femininas e 7º conxunt@s. As 7 medallas do campionato eran desta volta para, Manuel Verdes (3) bronce nos 50 e 100 braza e os 100 estilos, Carlos Abeleira (1) bronce nos 50 costas, Nana Suárez (1) bronce nos 200 libres e as 2 pratas das substitucións masculinas dos 4x50 e os 4x100 estilos. No que as mellores marcas do club se refire, Yoel Suárez (4) batía os récords de 17 anos nos 50 e 100 libres, os 50 braza e os 100 estilos, Carla Jiménez (3) o absoluto dos 50 braza e os de 15 anos dos 50 e 100 braza, Nana Suárez (2) batía as mellores marcas dos 16 anos nos 50 e 200 libres e Simón Rey (2) os récords de 17 anos dos 100 e 200 bolboreta. Ademáis a substitución masculina dos 4x50 estilos (Abeleira, Suárez, Verdes e Galán) e a feminina dos 4x100 estilos (Suárez, Jiménez, Romanelli e Pichel) melloraban tamén os anteriores rexistros absolutos do club. Os resultados d@s nadadoras e nadadores de Carballo e Oleiros poden consultarse no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.