10 d@s nos@s acoden á Toma de Tempos Autonómica do P.N.T.D.


 18 Febreiro, 2022   Tríatlon 

10 d@s nos@s acoden á Toma de Tempos Autonómica do P.N.T.D.

Mañán sábado día 19 de febreiro de 2022, 10 triatletas da AD.Fogar e os Concellos de Carballo e Oleiros, representarannos en Lugo na Toma de Tempos Autonómica do Programa Nacional de Técnificación Deportiva de Tríatlon. Para a cita os adestradores do clube veñen de convocar a cinco triatletas da categoría cadete masculina, outr@s dous da xuvenil masculina e tres da júnior (2 mozos e unha moza) que en xornadas de mañá e tarde testarán nas instalacións municipais de As Pedreiras da Zona Universitaria os 100 e 400 metros libres de natación e os 200 e 1.000 metros de carreira a pé. Pola mañá disputaranse os controis de natación en piscina cuberta e pola tarde as probas de carreira a pé en pista descuberta. Nas seguintes ligazóns podedes atopar toda a información relativa as probas deste Programa Nacional de Tecnificación Deportiva:
INFORMACIÓN AUTONÓMICA PNTD
INFORMACIÓN NACIONAL PNTD

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.