10 d@s nos@s triatletas compiten esta fin de semana na Coruña


 18 Xuño, 2021   Tríatlon 

10 d@s nos@s triatletas compiten esta fin de semana na Coruña

A zona do Parrote na Coruña será o escenario os vindeiros 19 e 20 de xuño do Campionato de España de Tríatlon por Clubs, no que tomaremos parte na 3ª división masculina, e o Campionato de España de Tríatlon por Substitucións Mixtas, proba reservada ás categorías cadete e xuvenil que conforman ademáis a Liga Talento de Tríatlon na que militamos na 2ª divisional nacional masculina e feminina. A 3ª división masculina do Campionato de España por Clubs disputaráse mañán as 21:00 horas con 25 equipos en liza e sobre as distancias de 750 metros de natación, 21’6 quilómetros de ciclismo, e 5 quilómetros de carreira a pé; proba na que aliñaremos un equipo de 6 triatletas. O domingo as 8:45 horas será o turno para os 4 relevistas que tomarán parte na substitución mixta sobre as distancias de 250 metros de natación, 5’4 quilómetros de ciclismo, e 1,2 quilómetros de carreira a pé. Esta proba puntúa tamén para a Liga Talento na que @s nos@s militan na 2ª división liderando á categoría masculina e como 7ª clasificadas na feminina.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.