11 Triatletas da AD.Fogar no Top 10 Galego


 28 Setembro, 2018   Tríatlon 

11 Triatletas da AD.Fogar no Top 10 Galego

A Federación Galega de Tríatlon vén de publicar na súa páxina web a clasificación definitiva do Circuíto Galego de Tríatlon no que figuran once dos nosos triatletas entre os dez mellores deportistas galegos nas súas respectivas categorías. Na categoría benxamín, Óscar Alberte e Joel Barcia foron 2º e 7º respectivamente. Na categoría alevín, Hugo Souto foi 2º, Adrián Sancho 7º e Sofía Alberte 8ª. Na categoría infantil Sergio Soto clasificou 5º, mesmo posto que o acadado polo cadete Andrés Prieto, categoría esta última na que Álvaro Elizalde e Samuel Nuñez foron 9º e 10º. Alberto Tome tamén foi 10º na categoría júnior e Carlos González clasificou 8º na Sub23. Sinalar tamén que na clasificación por equipos, e na súa categoría masculina, fomos 18º dos 32 clubs que conseguían puntuar. Sen dúbida unha tempada para enmarcar a dos triatletas de Carballo e Oleiros que voltarán aos adestramentos o próximo luns día 1 de outubro. En descargas tríatlon desta mesma web pódese consultar a clasificación deste Circuíto Galego de Tríatlon 2018.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso