15 dos nosos triatletas compiten o domingo no Tríatlon de Ferrol


 07 Agosto, 2019   Tríatlon 

15 dos nosos triatletas compiten o domingo no Tríatlon de Ferrol

O vindeiro domingo día 11 de agosto de 2019, o Porto de Ferrol e as súas inmediacións acollerán a 19ª edición do Tríatlon Cidade de Ferrol, proba puntuable para o Circuíto Galego de Tríatlon e clasificatoria para o Campionato Galego sobre distancia sprint. Precisamente nesta carreira puntuable para o circuíto e clasificatoria para o galego a representación da AD.Fogar de Carballo e Oleiros compoñerana 9 dos nosos triatletas, 7 da categoría cadete (6 mozos e 1 moza) e 2 da sub23 masculina. Na saída popular sobre a distancia minisprint tomaremos parte con outros 4 triatletas, todos eles da categoría infantil masculina. Ademáis participaremos tamén con 2 dos nosos triatletas alevíns no Nada e Corre non competitivo da xornada. A proba que organiza o Club Tríatlon Ferrol en colaboración co Concello de Ferrol e a Fegatri dará comenzo as 10:15 horas co Nada e Corre e ramatará sobre as 15:00 horas coa entrega de premios. Toda a información sobre este evento podedela atopar na ligazón: http://fegatri.org/evento/xix-triatlon-cidade-de-ferrol-proba-circuito/?instance_id=1508. Ademáis no arquivo adxunto a esta mesma nova tedes a vosa disposición a nosa inscrición.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso