17 dos nosos triatletas compiten o sábado no Tríatlon de Pontevedra


 22 Agosto, 2019   Tríatlon 

17 dos nosos triatletas compiten o sábado no Tríatlon de Pontevedra

O vindeiro sábado día 24 de agosto de 2019 a Ponte dos Tirantes e as súas inmediacións, acollerán a 19ª edición do Tríatlon Cidade de Pontevedra que coincide este ano co Campionato Galego de Tríatlon de Estrada sobre a distancia sprint. Precisamente nesta carreira polos títulos autonómicos a representación da AD.Fogar de Carballo e Oleiros compoñerana 5 dos nosos triatletas, 4 da categoría cadete (3 mozos e 1 moza) e 1 da sub23 masculina, logo de acadar a súa clasificación nalgunha das 4 probas do círcuito. Nas probas populares da xornada tomaremos parte con outros 4 triatletas masculinos na distancia minisprint, 3 deles da categoría infantil e 1 veterán e outros 5 cadetes masculinos na distancia sprint. Ademáis participaremos tamén con 3 dos nosos triatletas alevíns no Nada e Corre non competitivo da xornada. A proba que organiza o Concello de Ferrol e a Fegatri dará comenzo as 14:50 horas co Nada e Corre e ramatará sobre as 21:00 horas coa entrega de premios. Toda a información sobre este evento podedela atopar na ligazón: http://fegatri.org/evento/xix-triatlon-cidade-de-pontevedra-cto-galego-triatlon-sprint-2019/?instance_id=1480. Ademáis nos arquivos adxuntos a esta mesma nova tedes a vosa disposición a nosa própia inscrición.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso