22 dos nosos triatletas compiten mañá no Ácuatlon do C.F. de Lugo


 31 Maio, 2019   Tríatlon 

22 dos nosos triatletas compiten mañá no Ácuatlon do C.F. de Lugo

Mañá sábado día 1 de xuño de 2019, a cidade de Lugo acollerá a 1ª edición do Ácuatlon do Club Fluvial. En representación da AD.Fogar de Carballo e Oleiros participarán 22 dos nosos triatletas, dos que 6 son alevíns (4 nenos e 2 nenas), 5 pertencen á categoría infantil masculina, 10 á cadete (9 mozos e 1 moza) e 1 á veterán masculina. A proba que organiza o Club Fluvial e a Fegatri dará comenzo as 16 horas coa saída benxamín e rematará sobre as 19 horas despois das carreiras do resto de categorías, a alevín, a infantil, a cadete e a absoluta; información que podedes ampliar na ligazón: http://fegatri.org/evento/i-acuatlon-club-fluvial-de-lugo/?instance_id=1465. Ademáis no arquivo adxunto a esta mesma nova tedes a vosa disposición a nosa relación de inscritos.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso