3 medallas para a AD.Fogar no Campionato Galego de Ácuatlon


 11 Setembro, 2019   Tríatlon 

3 medallas para a AD.Fogar no Campionato Galego de Ácuatlon

A pasada fin de semana disputábase na localidade pontevedresa de Combarro unha nova edición do Campionato Galego de Ácuatlon en todas as súas categorías, proba na que tomaban parte 21 dos triatletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros que callaban unha moi boa actuación tras facerse con tres dos postos de podio da xornada. Os de, Manuel Souto como subcampión galego da categoría alevín, Rubén Otero como campión galego infantil e o do equipo absoluto masculino que da man de Alberto Tomé, Pablo Carro e Carlos González facíanse co subcampionato galego por equipos. Ademais na categoría benxamín Pablo Fontán era 7º, na alevín Hugo Souto foi tamén 7º, na infantil Sergio Soto remataba 6º e Sofía Alberte 10ª e na cadete Álvaro Elizalde era 4º, Pedro López 5º e Marta González 9ª. Os resultados dos nosos triatletas poden consultarse nos aparatados de descargas tríatlon e descargas escola desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso