3 Ouros e 1 prata no Campionato de España Contrarreloxo Individual


 14 Outubro, 2019   Tríatlon 

3 Ouros e 1 prata no Campionato de España Contrarreloxo Individual

A cidade de Pontevedra acollía o pasado sábado día 12 de outubro de 2019 a primeira edición do Campionato de España de Tríatlon Contrarreloxo Individual en todas as súas categorías. Modalidade individual cronometrada e sen drafting sobre a distancia sprint de 750 metros de natación (1 volta), 18 quilómetros de ciclismo (3 voltas) e outros 5 quilómetros de carreira a pé (2 voltas). Os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros desprazábamos a 3 dos nosos deportistas cadetes e un dos nosos deportistas júnior que callaban un excelente consurso cun botín de 3 ouros e 1 prata. Marta González (1h16'34'') e Andrés Prieto (0h58''31) facíanse co título de campions de España na categoría cadete, Adrián Haz (0h59'42'') facía o propio na categoría júnior mentres que David Sancho (1h03'08'') remataba como subcampión nacional na categoría cadete. Con estes magníficos resultados o equipo de tríatlon da AD.Fogar pon fin a unha tempada 2019 para enmarcar onde os máis novos brillaron a nivel nacional. Os resultados deste Nacional de Tríatlon Contrarreloxo Individual podédela atopar na sección descargas tríatlon desta mesma páxina.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso