3 postos de pódio para os nosos triatletas desprazados a Arteixo


 29 Xullo, 2019   Tríatlon 

3 postos de pódio para os nosos triatletas desprazados a Arteixo

Onte celebrábase na Praia de Sabón e as súas inmediacións, a 9ª Edición do Tríatlon Concello de Arteixo; proba puntuable para o Circuíto Galego de Tríatlon e clasificatoria tamén para o Campionato Galego sobre distancia sprint. Na mesma tomamos parte con 18 dos nosos triatletas que tiveron unha máis que destacada actuación. Na carreira sprint Andrés Prieto remataba 5º absoluto na loita polo bronce e alzábase coa victoria na súa categoría, a cadete; Carlos González era 5º sub23 e Marta González 6ª cadete; por equipos fomos 7º masculinos absolutos con Prieto 5º, González 37º e Lorenzo 51º. Na carreira popular sobre a distancia minisprint o mellor dos nosos foi Sergio Soto, 3º absoluto e 2º infantil. Os resultados deste Tríatlon de Arteixo, puntuable para o Circuíto Galego de Tríatlon 2019, poden consultarse no apartado de descargas tríatlon desta mesma web ou na seguinte ligazón federativa: http://fegatri.org/wp-content/uploads/2019/07/TRIARTEIXO-2019-rev2-2.pdf.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso