31 dos nosos triatletas compiten esta fin de semana en Marín e Poio


 06 Setembro, 2019   Tríatlon 

31 dos nosos triatletas compiten esta fin de semana en Marín e Poio

Esta fin de semana preséntase intensa para os triatletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros. Mañá sábado día 7 de setembro, a Praia de Aguete en Marín acollerá a segunda proba do Circuíto Galego de Tríatlon de Categorías Menores que contará coa presenza e participación de 10 dos nosos triatletas de base; dos que 1 pertence á categoría prebenxamín, 4 á alevín, outros 4 á infantil e 1 á cadete. O domingo día 8 outros 21 triatletas representarannos en Poio con motivo da celebración do Campionato Galego de Acuatlón en todas as súas categorías. No que a nós respecta concursaremos con 1 benxamín, 5 alevíns, 6 infantís, 6 cadetes, 2 absolutos e 1 veterano. Ambas convocatorias poden consultarse nos arquivos adxuntos a esta mesma nova. Ademais nas seguintes ligazóns federativas tedes a vosa disposición os pormenores dos 2 eventos: 
http://fegatri.org/evento/triatlon-de-menores-circuito-e-popular-de-aguete/?instance_id=1514 
http://fegatri.org/evento/iii-acuatlon-concello-de-poio-cto-galego-acuatlon-2019/?instance_id=1482

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso