4 dos nosos acoden ao Nacional de Tríatlon CRI de Pontevedra


 07 Outubro, 2019   Tríatlon 

4 dos nosos acoden ao Nacional de Tríatlon CRI de Pontevedra

A cidade de Pontevedra prepárase para acoller o vindeiro sábado día 12 de outubro de 2019 o Campionato de España de Tríatlon Contrarreloxo Individual deste 2019 en todas as categorías. E ata alí a AD.Fogar de Carballo e Oleiros desprazará a 3 dos seus deportistas cadetes, Andrés Prieto, David Sancho e Marta González e un dos seus deportistas júnior, Adrián Haz. Os 4 competirán na modalidade de contrarreloxo individual sen drafting e sobre as distancias de 750 metros de natación (1 volta),  18 quilómetros de ciclismo (3 voltas) e outros 5 quilómetros de carreira a pé (2 voltas). Toda á información referente a este Nacional de Tríatlon Contrarreloxo Individual podédela atopar na páxina web da Federación Española de Tríatlon na seguinte ligazón http://triatlon.org/triweb/index.php/competicion/campeonato-de-espaa-de-t/

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.