9 dos nosos desputan o Nacional de Tríatlon Sprint de Pontevedra


 21 Agosto, 2020   Tríatlon 

9 dos nosos desputan o Nacional de Tríatlon Sprint de Pontevedra

O Campionato de España de Tríatlon Sprint de Pontevedra https://triatlon.org/evento/?alias=2020-cto-esp-triatlon-sprint-pontevedra será a primeira competición para 9 dos triatletas da AD.Fogar que retomarán así a competición mañá día 22 de agosto de 2020 baixo estritas medidas de seguridade. A Federación Española de Tríatlon traballou durante estes meses no regreso á competición baixo a premisa dunha volta segura e por iso, e sempre baixo a supervisión e en estreita colaboración das Autoridades Sanitarias e Gobernamentais, estableceu un reforzo complementario das súas medidas de seguridade xa desenvolvidas. Os nosos representantes en Pontevedra serán os cadetes Andrés Prieto, David Sancho, Pablo Tran, Álvaro Elizalde, Lucas Lorenzo, Marta González e Alba Otero; que competirán no formato rolling start individual cada 20'' entre as 9 e as 11 da mañán e sobre as distancias de 750 metros de natación, 10 quilómetros de ciclismo e 2,5 quilómetros de carreira a pé. Xa pola tarde entre as 16 e as 18 horas será o turno para Alberto Tomé (20-24 anos) e Adrián Souto (25-29 anos) que tomarán parte na categoría de grupos de idade sobre o mesmo formato rolling start e as distancias de 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé.
Imos EQUIPO !!
💪💪

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.