9 dos nosos desputan os Nacionais de Tríatlon Sprint e Ácuatlon


 07 Xuño, 2019   Tríatlon 

9 dos nosos desputan os Nacionais de Tríatlon Sprint e Ácuatlon

Todo a punto na cidade de Roquetas de Mar para acoller mañá e o domingo as distintas carreiras que compoñen, en todas as súas categorías, os Campionatos de España de Tríatlon Sprint e Ácuatlon que contarán coa participación de 2400 triatletas. Ata terras almerienses os de Carballo e Oleiros desprazamonos cun equipo formado por 8 deportistas da categoría cadete (6 mozos e 2 mozas) e un deportista sub23 masculino. Os cadetes masculinos son A. Prieto, D. Sancho, S. Nuñez, A. Elizalde, L. Lorenzo e P. Tran e as féminas A. Otero e M. González; ademáis do sub23 C. González. O sábado pola mañá abrirán campionato os cadetes na proba de tríatlon sobre as distancias de 750 metros de natación, 10 quilómetros de ciclismo e 2,5 quilómetros de carreira a pé; e pecharaa C. González que tomará a saída sub23 as 15:15 horas sobre un percorrido de 750 metros de natación, 18,6 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé. O domingo pola maná volverán abrir a xornada os cadetes na proba de ácuatlon percorrendo 500 metros de natación e 2,5 quilómetros de carreira a pé e pecharaa outra vez C. González as 11:15 horas sobre un circuito de 1 quilómetro de natación e 5 quilómetros de carreira a pé. Toda á información referente a este Nacional de Tríatlon Sprint e Ácuatlon podédela atopar na seguinte ligazón http://triatlon.org/triweb/index.php/competiciones/categoria/competiciones-nacionales/

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.