A fin de semana congrega a 23 d@s nos@s en Pontevedra


 01 Outubro, 2021   Tríatlon 

A fin de semana congrega a 23 d@s nos@s en Pontevedra

En torno aos 1.500 triatletas de todas as idades daranse cita esta fin de semana en Pontevedra con motivo da celebración do Campionato de España de Tríatlon e as PHO3NIX Kids Triathlon Series by Gómez Noya, probas na que tomarán parte 23 d@s nos@s triatletas. Os vindeiros 2 e 3 de outubro a Avenida de Buenos Aires e as inmediacións da Ponte dos Tirantes sobre o Río Lérez, converteranse unha vez máis no epicentro destes dous eventos. O sábado día 2 @s cadetes, Hugo Souto, Álvaro Díaz, Ález Navarro e Irea Alén, @s Xuvenís, Pedro López, Rubén Otero, Xabi Guitián e Marta González e @s Júniors, Andrés Prieto, Álvaro Elizalde e Alba Otero, tomarán as saídas do Campionato de España de Tríatlon Super Sprint, sobre as distancias de 250 metros de natación, 6,3 quilómetros de ciclismo e 1,5 quilómetros de carreira a pé no formato de series clasificatorias (tres por categoría e xénero), nas que se poñerán en xogo as prazas para a gran final de cada categoría. O domingo día 3 outr@s 12 triatletas, 6 da categoría alevín e 6 da infantil, competirán nas PHO3NIX Kids Triathlon Series, sobre un percorrido de 150 metros de natación, 3 quilómetros de ciclismo e 1 quilómetro de carreira a pé; proba na que tamén serán recoñecid@s @s medallistas galeg@s para estas categorías e xéneros. Nos arquivos adxuntos a esta mesma nova podedes consultar os listados d@s representantes da AD.Fogar de Carballo e Oleiros.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.