Andrés Prieto compite en Riga na Copa de Europa Júnior de Tríatlon


 02 Agosto, 2021   Tríatlon 

Andrés Prieto compite en Riga na Copa de Europa Júnior de Tríatlon

Andrés Prieto Villar (2003), ven de ser convocado pola FETRI para tomar parte o vindeiro domingo día 8 de agosto de 2021 nunha das probas da Copa de Europa de Tríatlon, evento que a ETU organiza na localidade de Riga en Letonia https://triathlon.org/events/event/2021_europe_triathlon_junior_cup_riga. Esta proba desenvolverase sobre a modalidade sprint e as distancias de 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé. O combinado nacional júnior masculino conformano 4 triatletas co propio Andrés Prieto, Ander Michelena, David Cantero e Carlos Vizcaíno. O triatleta da AD.Fogar que leva concentrado desde fai máis dunha semana coa selección española, conta con manter o nivel despregado na súa primeira experiencia internacional con motivo da Copa de Europa Júnior de Olsztyn, proba na que acadaba en maio a 5ª praza a 39'' do vencedor e a tan só 19'' do podio, e todo iso a pesar de ser júnior de primeiro ano e sufrir un enganchón no sector ciclista. No apartado descargas tríatlon desta mesma web podedes consultar a convocatoria do equipo nacional para esta Europe Triathlon Junior Cup de Riga - Letonia.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.