Andrés Prieto compite mañá na Copa de Europa Júnior de Banyoles


 04 Setembro, 2021   Tríatlon 

Andrés Prieto compite mañá na Copa de Europa Júnior de Banyoles

Andrés Prieto Villar (Oleiros 2003), xa está en Banyoles onde mañá as 8:15 horas tomará parte noutra das probas da Copa de Europa Júnior de Tríatlon, evento organizado pola ETU https://www.triathlon.org/events/event/2021_europe_triathlon_junior_cup_banyoles. A proba desenvolverase sobre a modalidade sprint e as distancias de 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé na contorna do Lago de Banyoles. O combinado nacional júnior masculino conformano nesta ocasión un total de 14 triatletas entre os que loitarán pola 2 prazas vacantes para o Mundial da categoría a desputar en Bermuda no mes de outubro https://www.triathlon.org/events/start_list/2021_europe_triathlon_junior_cup_banyoles/455089. O triatleta da AD.Fogar conta con manter o nivel despregado na súa segunda experiencia internacional con motivo da Copa de Europa Júnior de Riga en Letonia onde foi 3º a tan só 16'' do vencedor e logo de sufrir un pequeno atranco coas zapatillas na 2ª transición que ben lle puido custar o triunfo final. Dende a localidade catalana Andrés pora rumbo ao seu novo destino para a vindeira tempada 2021-2022, o CAR de Madrid.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.