Andrés Prieto convocado para o Mundial Júnior de Tríatlon


 14 Outubro, 2021   Tríatlon 

Andrés Prieto convocado para o Mundial Júnior de Tríatlon

Andrés Prieto Villar (2003), ven de ser convocado pola FETRI para tomar parte os días 6 e 7 de novembro de 2021 no Campionato do Mundo Júnior de Tríatlon a celebrar na localidade portuguesa de Quarteira https://triathlon.org/events/event/2021_world_triathlon_junior_championships_quarteira. O mundial desenvolverase sobre a modalidade sprint e as distancias de 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé. O combinado nacional júnior masculino conformano 4 triatletas co propio Andrés Prieto, o tamén galego Esteban Basanta, David Cantero, e máis Igor Bellido. O triatleta da AD.Fogar que na actualidade adestra cunha beca de estudos no CAR de Madrid, conta con manter o nivel amosado nas súas primeiras experiencias internacionáis da Copa de Europa Júnior, 5º en Olsztyn, 3º en Riga e 14º en Banyoles e todo iso a pesar de ser júnior de primeiro ano. No apartado de descargas tríatlon desta mesma web podedes consultar a convocatoria oficial do equipo nacional para este 2021 World Triathlon Junior Championships de Quarteira.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.