Andrés Prieto e Pedro López acoden ao Tríatlon de Portugalete


 09 Xuño, 2021   Tríatlon 

Andrés Prieto e Pedro López acoden ao Tríatlon de Portugalete

Andrés Prieto Villar (2003) na categoría júnior e Pedro López Otero (2004) na xuvenil, participarán o vindeiro domingo día 13 de xuño de 2021 no Tríatlon de Portugalete en Bizkaia https://triatlon.org/evento/?alias=2021-clasificatorio-camp-espaa-de-tri-portugalete. A proba foi designada pola Federación Española de Tríatlon como clasificatoria para os Campionatos de Europa Youth e Júnior de Tríatlon e desenvolverase sobre a distancia sprint de 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé, no caso dos júniors e sobre a distancia supersprint de 250 metros máis 6,6 quilómetros e outros 1,6 quilómetros de percorrido para os xuvenis. Os nosos triatletas acoden ao evento nun gran momento de forma, cun Pedro que ven de gañar o Tríatlon Popular de Oleiros e un Andrés que acadaba a 5ª praza no seu estreo internacional na Copa de Europa Júnior de Tríatlon desputada na localidade polaca de Olsztyn.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.