Boa actuación dos 3 triatletas da AD.Fogar no Nacional Olímpico


 02 Outubro, 2019   Tríatlon 

Boa actuación dos 3 triatletas da AD.Fogar no Nacional Olímpico

A pasada fin de semana 3 dos triatletas da AD. Fogar de Carballo e Oleiros callaban unha moi boa actuación nos Campionatos de España de Tríatlon en Distancia Olímpica que se celebraban na cidade de A Coruña. En canto ao concurso dos nosos deportistas cabe subliñar as actuacións de Alberto Tomé, que acadaba o 9º posto na categoría sub23 en 2 horas 2 minutos e 15 segundos; Adrián Souto que remataba a proba en 2 horas 11 minutos e 4 segundos para ser 24º do grupo 25 a 29 anos e Daniel Polo que facía o propio na mesma categoría en 2 horas 12 minutos e 7 segundos para ser 26º. Temos que lamentar tamén a baixa de última hora de Nicolás Pichel por mor dunha lesión. Os resultados destes nacionais de tríatlon na distancia olímpica podedes atopalos no apartado de descargas tríatlon desta mesma web e tamén na seguinte ligazón federativa: http://triatlon.org/triweb/index.php/competiciones/resultados-2019/

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso
Federación española de tríatlon Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación