Boa fin de semana para @s nos@s triatletas en Santiago e Melilla


 20 Marzo, 2023   Tríatlon 

Boa fin de semana para @s nos@s triatletas en Santiago e Melilla

O pasado sábado celebrábase nas inmediacións do Estadio Verónica Boquete o Dúatlon de Santiago nos formatos Escolar, Super Sprint e Sprint nos que os da AD. Fogar de Carballo e Oleiros estivemos representados por 30 d@s nos@s triatletas. As 3 carreiras de Santiago desenvolvéronse ben para os intereses d@s nos@s, deste xeiro na proba escolar Tadeo Suárez facíase co bronce da categoría benxamín masculina mentres que Oscar Alberte e Joel Barcia subían ao 1º e o 2º chanzo do caixón na categoría cadete; mentres que na proba super sprint Michel Núñez facíase coa victoria na categoría cadete. O domingo Andrés Prieto na categoría elite e Hugo Souto na júnior desputaban en Melilla a primeira das probas da Copa de Europa de Tríatlon sobre distancia sprint. No día do seu debut internacional e sendo xuvenil de primeiro ano, Hugo Souto asinaba un prometedor top 20 júnior rematando en 57m59s e sendo o segundo triatleta máis novo en rematar a proba. Andrés Prieto acadaba o seu mellor resultado na máxima categoría cun top 10 elite logo de chegar en 53m11s a menos dun minuto do gañador da proba e como 4º mellor español na liña de meta, mellorando de longo o 24º posto de Alhandra e o 20º de Ceuta da tempada pasada. Os resultados destas probas podédelos atopar no apartado de descargas tríatlon e scola desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.