Carlos Rivas foi 65º elite no nacional de media distancia de Bilbao


 28 Setembro, 2020   Tríatlon 

Carlos Rivas foi 65º elite no nacional de media distancia de Bilbao

O pasado sábado Bilbao acollía a novena edición dun Campionato de España de Tríatlon de Media Distancia que partía como o de maior nivel deportivo e económico dos desputados ata o de agora. Carlos Rivas Barcala representábanos na máxima categoría do tríatlon nacional acadando o posto 65 logo de 4 horas, 36 minutos e 10 segundos repartidos do seguinte xeito; 29 minutos e 2 segundos nos 1900 metros do segmento de natación, 2 horas, 41 minutos e 32 segundos nos 90 quilómetros do sector ciclista e 1 hora, 16 minutos e 20 segundos nos 21 quilómetros da carreira a pé. A proba masculina rematou co triunfo de Javier Gómez Noya, seguido de Gustavo Rodríguez e Albert Moreno que partían como os grandes favoritos aos postos de podio; resultados que tedes a vosa disposición no apartado descargas tríatlon desta mesma web e tamén na ligazón federativa https://triatlon.org/evento-seleccion-clasificacion/?alias=2020-cto-de-esp-triatlon-media-distancia-bilbao

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.