Catro d@s nos@s subcampións nacionais de tríatlon coa Galega


 12 Xullo, 2023   Tríatlon 

Catro d@s nos@s subcampións nacionais de tríatlon coa Galega

Os pasados 8 e 9 de xullo, Andrés Prieto, Inés Duarte, Joel Barcia e Oscar Alberte tomaban parte no Campionato de España de Tríatlon Cadete e Absoluto por CC.AA. coa Selección Galega, acadando o título de subcampións de España no cómputo global da cada unha das categorías. Nas probas individuais da xornada do sábado os cadetes, Joel Barcia e Oscar Aberte corrían a final rematando na 20ª e a 27ª praza respectivamente (6º por equipos); mentres que na categoría feminina a tamén cadete Inés Duarte facía o propio clasificando na 19ª posición (5ª por equipos), sumando puntos os tres para a Selección Galega. Na competición individual absoluta Andrés Prieto remataba 4º a tan só sete segundos da prata, sumando un bo lote de puntos cos que os galegos asinaban a victoria parcial masculina por diante de Castela León e Cataluña. O domingo a primeira proba da xornada foi a substitución mixta cadete, onde Inés Duarte e Joel Barcia subían ao podio como subcampións de España por detrás de Valencia e por diante de Madrid.
No que respecta ao XXXIV Tríatlon do Miño celebrado o pasado domingo en Lugo, os nosos foron 5º por equipos masculinos con Hugo Souto como 11º absoluto e 4º xuvenil, Adrián Sancho como 19º absoluto e 8º xuvenil e David Sancho como 22º absoluto e 5º sub23.
As vindeiras citas serán o sábado 15 de xullo con motivo do Tríatlon de Ferrol no que tomaremos parte con 22 triatletas e os Nacionais de Dúatlon e Tríatlon Cros de Almazán do sábado 15 e o domingo 16 nos que competirán Anxo Bello e Michel Núñez.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.