Dous podios para @s da A.D. Fogar no Nada e Corre de Lugo


 07 Decembro, 2022   Tríatlon 

Dous podios para @s da A.D. Fogar no Nada e Corre de Lugo

O pasado domingo día 4 de decembro, 21 d@s nos@s triatletas de base tomaban parte en Lugo no 2º dos clasificatorios do Nada e Corre para 13 dos equipos da zona norte, entre os que mobilizamos preto d@s 170 rapaces e rapazas das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. No desenvolvemento da proba 12 d@s nos@s clasificaban entre @s 10 mellores das súas respectivas categorías. Martina Santomé acadaba a prata e Nuno Barcía remataba 7º na benxamín, Diego Souto e Juan Giráldez foron 4º e 5º na alevín, Irene Santomé e Lino Souto foron 8ªº na infantil, prata tamén para Manuel Souto na categoría cadete onde Oscar Alberte era 5º, Adrián Sancho 7º, Joel Barcia e María Puga 8ºª e Hugo Souto 9º. A Final Galega do Nada e Corre celebraráse en Carballo na matinal do domingo 18 de decembro con 14 d@s nos@s triatletas en liza. Os resultados deste último clasificatorio podédelos atopar no apartado descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.