Gran actuación d@s nos@s no Galego Sprint de Pontevedra


 23 Agosto, 2021   Tríatlon 

Gran actuación d@s nos@s no Galego Sprint de Pontevedra

O pasado sábado celebrábase na Cidade do Lérez o Campionato Xunta de Galicia de Tríatlon Sprint no que os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros estivemos representados por 8 d@s nos@s triatletas; 3 féminas e 5 homes. A competición disputada nas inmediacións da Ponte dos Tirantes sobre a modalidade sprint e as distancias de 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira, non puido fluir mellor para os intereses d@s nos@s. Na categoría masculina Andrés Prieto dábanos outra alegría ao remar a proba no 1º posto da categoría júnior e na 3ª praza absoluta, só por detrás de Pablo Dapena e Andrés Cendán. Por equipos fomos 4º a tan só un banzo de subir ao caixón absoluto, coa actuación do citado Andrés Prieto secundado por Álvaro Elizalde que foi 26º absoluto e 6º júnior e Rubén Otero, 27º absoluto e 5º xuvenil. Na categoría feminina Marta González terminou 4ª na categoría xuvenil e Alba Otero 6ª na júnior. Os resultados deste Campionato Xunta de Galicia de Tríatlon Sprint podédelos atopar no apartado descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.